Prisión provisional e sen fianza para dous dos detidos na operación Doner contra o narcotráfico
Outros oito arrestados quedaron en liberdade con medidas cautelares
Este xoves pasaron a disposición xudicial en Vilagarcía 10 dos 20 detidos
A operación Doner desenvolveuse este martes no Salnés e en diferentes puntos da provincia de Pontevedra
Os arrestados prestaron declaración no Xulgado número 3 de Vilagarcía
O xuíz do¡ Xulgado 3 de Vilagarcía, decretou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza, de dous dos detidos que pasaron este xoves a disposición xudicial no marco da operación Doner contra o tráfico de drogas que despregaron conxuntamente a Policía Nacional e a Garda Civil.
A outros cinco impúxolles a retirada do pasaporte, a prohibición de saída do territorio nacional e a obrigación de comparecer quincenalmente no xulgado. Tamén decretou a posta en liberdade de tres dos arrestados, coa obrigación de comparecer no xulgado cando sexan chamados
Todos eles están investigados por tráfico de drogas que causan grave dano á saúde en relación con pertenza a organización ou grupo criminal.
A operación Doner saldouse con 20 detidos, polo que aínda quedan outros dez arrestados por pasar a disposición xudicial. O operativo desenvolveuse o martes no Salnés e en diferentes puntos da provincia de Pontevedra.