Sétimo ataque dos EUA ao narcotráfico no Atlántico e mata tres ocupantes dunha embarcación
Washington leva despregadas numerosas forzas no mar Caribe baixo a xustificación de combater o narcotráfico preto das costas de Venezuela e o Goberno de Maduro veo como o preludio dun ataque a Venezuela
Trump eleva a tensión tamén con Colombia e xa anunciou este domingo a fin da axuda financeira a Bogotá
O secretario de Guerra dos Estados Unidos salientou que o "Exército estadounidense tratará estas organizacións como os terroristas que son: serán perseguidos e aniquilados, igual que Al Qaeda"
.png)
O Goberno dos Estados Unidos anunciou este domingo que matou tres persoas nun novo ataque contra unha embarcación en augas do océano Atlántico. O deste domingo sería o sétimo desde que declarou un "conflito armado" contra os traficantes de drogas.
"O 17 de outubro, baixo a dirección do presidente Trump, o Departamento de Guerra levou a cabo un ataque cinético letal contra un buque afiliado ao Exército de Liberación Nacional (ELN), unha organización terrorista designada, que operaba na área de responsabilidade do Comando Sur", informou o secretario do Departamento de Defensa estadounidense, Pete Hegseth
A embarcación navegaba "por unha ruta coñecida de narcotráfico e transportaba cantidades substanciais de narcóticos", engadiu Hegseth.
O funcionario estadounidense compartiu un vídeo no que se observaba o momento no que a embarcación era bombardeada e comparou os cárteles con Al Qaeda.
On October 17th, at the direction of President Trump, the Department of War conducted a lethal kinetic strike on a vessel affiliated with Ejército de Liberación Nacional (ELN), a Designated Terrorist Organization, that was operating in the USSOUTHCOM area of responsibility.
— Secretary of War Pete Hegseth (@SecWar) October 19, 2025
The… pic.twitter.com/1v7oR879LC
O secretario de Guerra dos Estados Unidos continúa dicindo:
"A nosa intelixencia sabía que o buque estaba involucrado no contrabando ilícito de narcóticos, navegaba por unha ruta coñecida de narcotráfico e transportaba cantidades substanciais de narcóticos. Durante o ataque, que levou a cabo en augas internacionais, había tres narcoterroristas a bordo. Os tres terroristas morreron e ningún membro das forzas estadounidenses resultou ferido."
Remata a publicación describindo como son os cárteles que utilizan esas embarcacións
"Estes cárteles son a Al Qaeda do hemisferio occidental, que usa a violencia, o asasinato e o terrorismo para impoñer a súa vontade, ameazar a nosa seguridade nacional e envelenar o noso pobo. O Exército estadounidense tratará estas organizacións como os terroristas que son: serán perseguidos e aniquilados, igual que Al Qaeda", sentenciou.
Este é o último ataque efectuado polas forzas estadounidenses contra unha suposta embarcación narcotraficante no último mes, cando os Estados Unidos declararon un "conflito armado" contra o narcotráfico.
Washington leva despregadas numerosas forzas no mar Caribe baixo a xustificación de combater o narcotráfico preto das costas de Venezuela, o que causou unha tensión crecente entre EUA e o Goberno de Nicolás Maduro, que ve a operación como o preludio dun posible ataque contra Venezuela.
Isto tamén elevou a tensión con Colombia, a quen Trump acusa de non facer dabondo para acabar co narcotráfico.
Trump xa anunciou este domingo a fin da axuda financeira a Bogotá e describiu o presidente colombiano, Gustavo Prieto, como "un líder do narcotráfico".