Un Nadal sen viaxes nin envíos de paquetes con agasallos, comida ou medicamentos a Venezuela
O peche do espazo aéreo impedirá reencontros e a chegada de produtos ao país caribeño
Os venezolanos regularizados en Galicia din que están a vivir con moita incerteza a situación
Os venezolanos retornados que viven en Galicia están a vivir con moita incerteza a suspensión dos voos con Venezuela. E xusto agora que se achega o Nadal, outra consecuencia directa é a dificultade que teñen para enviar agasallos, medicamentos ou mesmo comida ás súas familias.
Lorenzo, que viven en Ourense, é un dos máis de 20.000 venezolanos regularizados en Galicia afectados polo peche do espazo aéreo de Venezuela. O seu Nadal vai ser este ano diferente.
Na tenda de Edwin está paralizado o envío de paquetes.
Medicamentos que alí din son moi custosos e moi necesarios. A comunidade venezolana en Galicia asegura estar vivindo esta situación con moita incerteza.
Por agora a compañía Iberia xa confirmou que amplía a suspensión de voos ata o 31 de decembro por consello de Seguridade Aérea.