Publicador de contidos

Publicador de contidos

Seis detidos nunha operación antidroga nas Rías Baixas

Seis detidos nunha operación antidroga nas Rías Baixas

Un dos arrestos foi en Francia

Realizáronse ata 14 rexistros en concellos dos partidos xudiciais de Cambados, Vilagarcía, Pontevedra, Redondela e Cangas

A operación está dirixida polo Xulgado número 3 de Cambados

G24.gal 17/12/2025 13:31 Última actualización 17/12/2025 16:25

Seis persoas foron detidas nas últimas horas, unha delas en Francia, nun novo operativo policial contra o tráfico de drogas no que se realizaron ata 14 rexistros en distintas localidades galegas.

Segundo fontes do Tribunal Superior de Xustiza, na mañá deste mércores leváronse a cabo uns 14 rexistros en municipios dos partidos xudiciais de Vilagarcía, Cambados, Redondela, Pontevedra e Cangas.

É precisamente o Xulgado número 3 de Cambados o que instrúe a causa, que saíu á luz tras observarse unha ampla despregadura policial no centro de Vilanova de Arousa este mércores pola mañá.

A previsión é que os cinco detidos en España pasen á disposición da maxistrada do Xulgado número 3 de Cambados o vindeiro venres, día 19 de decembro, pola mañá.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade