Publicador de contidos

Publicador de contidos

A auga dos pozos particulares da contorna do Monte Neme analizarase para descartar a contaminación

A auga dos pozos particulares da contorna do Monte Neme analizarase para descartar a contaminación

Técnicos da Xunta e da adxudicataria dos traballos de rexeneración ambiental reuniranse este luns para revisar o plan de traballo

G24.gal 01/02/2026 20:47 Última actualización 01/02/2026 21:01

Técnicos da Xunta e da empresa adxudicataria dos traballos de rexeneración ambiental que se iniciaran no Monte Neme antes da rotura dunha das balsas da antiga mina reuniranse este luns para revisar o plan de traballo e analizar o terreo polo miúdo.

Tratarán de confirmar que non hai máis galerías como a que colapsou na madrugada do sábado, provocando unha correntada que arrastrou centos de toneladas de lama e pedras ladeira abaixo. Sanidade completou este domingo a recollida de mostras dos pozos particulares da veciñanza para descartar casos de contaminación da auga. 

O PSdeG anunicou que pedirá no Parlamento de Galicia que se realicen analíticas na contorna afectada e que presentará un conxunto de medidas preventivas para evitar que episodios coma este se repitan.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade