Todos contra o refrotamento dun pecio en Nigrán
O Ivy afundiu hai 50 anos nas illas Estelas
Unha empresa de Valencia quere recuperar as 30.000 toneladas de ferro que levaba, valoradas agora en 2,5 millós de euros
Medioambientalistas, confrarías, investigadores e o Concello opóñense ao levantamento dun pecio cun valor ecolóxico incalculable
Hai 50 anos afundía nas illas Estelas, o Ivy con 30.000 toneladas de ferro. No naufraxio morreron cinco tripulantes e outros trinta lograron sobrevivir. Pero preto dos Carallóns, precisamente fronte Monteferro, quedou un cargamento valorado agora en dous millons e medio de euros que unha empresa de Valencia quere sacar a flote.
Segundo Juan González, Alcalde de Nigrán, "arrancar ese ferro que seguramente está encastrado entre as rochas e multitude de especies significa que se vai estragar moitísimas cosas arredor. Non é unha cousa tan sinxela como coller un cachiño de ferro, o collo e lévoo. Iso vai supor destroizar todo o que está arredor e nos parece tremendamente negativo".
Comparte a opinión Antón Lois, Voceiro de Amigos da Terra que di que "se quixeramos facer deliberadame un arrecife coma este necesitariamos moitísimos millóns de euros e anos para algo que a natureza xa nos fixo de balde".
O valor do pecio é incalculable en termos medioambientais, como recoñece Lois: "O pecio do Ivy non e ferralla mergullada , despois de 50 anos do afundemento converteuse nun arrecife artificial que é refuxio, fogar, zona de cría de moitísimas especies de fauna e flora mariñas, algunhas delas especies ameazadas".
O ministerio de Defensa é quen debe avaliar agora se permite desfacer un pecio cuxa supervivencia defenden ecoloxistas, pescadores, investigadores e o concello de Nigrán.