Publicador de contidos

Publicador de contidos

Volven os avisos por mal tempo a Galicia logo de día e medio de tregua

Volven os avisos por mal tempo a Galicia logo de día e medio de tregua

Activáronse ás seis da tarde deste domingo por chuvia, vento e mar

Vaticínase practicamente toda a semana de tempo inclemente

G24.gal 01/02/2026 20:36 Última actualización 01/02/2026 20:51

Logo dun sábado de tregua e dunha mañá de domingo bastante tranquila, á tarde volveu a chuvia a Galicia.

A provincia de Pontevedra, case toda a de Ourense e unha parte da da Coruña quedaron baixo aviso amarelo polas precipitacións, con previsións de acumulados de 40 a 50 litros por metro cadrado en doce horas. No caso do interior de Pontevedra, mesmo máis: 60 litros por metro cadrado en doce horas.

Tamén se activaron avisos por vento no litoral oeste e sur da Coruña, en previsión de refachos de ata 80 quilómetros por hora. 

Toda a costa coruñesa e a de Pontevedra entraron ademais en nivel amarelo por ondas de catro a cinco metros e vento no mar.

Este luns vai seguir chovendo sobre mollado nos mesmos puntos e o mar ponse peor, con aviso laranxa nas costas da Coruña e de Pontevedra, e amarelo, na de Lugo. 

E isto pode ser só un aperitivo do que nos espera. Parece que vén practicamente toda a semana de tempo inclemente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade