Máis de 30 provincias manteñen avisos por vento, neve ou chuvias
As comunidades máis afectadas son Cataluña, Valencia, Aragón, as Baleares, surdeste de Andalucía, Ceuta e Melilla
Máis de 500 veciños desaloxados en Xerez regresan ás súas casas tras baixar o caudal do río Guadalete
A Aemet informou de que o domingo chegará unha nova masa de aire moi húmido a España que traerá chuvias
En España, polo menos 32 provincias manteñen avisos por vento, neve e chuvias. As comunidades máis afectadas este sábado son Cataluña, Valencia, Aragón, as Baleares, surdeste de Andalucía, ademais das cidades autónomas de Ceuta e Melilla.
Máis de 500 veciños desaloxados en Xerez regresan ás súas casas tras baixar o caudal do río Guadalete, mentres un cento de veciños de La Greduela, Los Cejos del Inglés e a zona baixa de Las Pachecas continúan desaloxados.
Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía, o domingo chegará unha nova masa de aire moi húmido a España que traerá chuvias na maior parte da península, menos probables no Mediterráneo e abundantes no oeste.