Publicador de contidos

Publicador de contidos

A neve obriga a cortar a circulación na A-52 e provoca problemas na A-6 en Pedrafita

A neve obriga a cortar a circulación na A-52 e provoca problemas na A-6 en Pedrafita

directo
G24.gal 30/01/2026 19:56 Última actualización 30/01/2026 21:19

A neve obrigou esta tarde a cortar a circulación na A-52 entre os km 79 e 112 en ambos sentidos. O corte afecta as provincias de Ourense e Zamora dende A Canda ata Triufé. 

A Garda Civil de Tráfico está facendo parar os vehículos pesados en Riós, na provincia de Ourense e en Pobra de Seabra, na provincia de Zamora.

Tamén está cortada a N-525 entre as provincias de Zamora e Ourense, dende os km 91 ao 115, dende Terroso ata A Canda.

A neve e o xeo están provocando tamén problemas para circular na A-6. As dificultades rexístranse entre os quilómetros 428 e 432 entre Pedrafita do Cebreiro e Laballos, nas provincias de Lugo e León. Os vehículos pesados teñen prohibido adiantar. Moitos camións están xa parados en Pedrafita.

En Pedrafita do Cebreiro, na estrada Lu-633 está prohibido o adiantamento para vehículos pesados entre o km 0 e o 20.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade