Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia seguirá este mércores e xoves con avisos por ondada, vento e neve

Galicia seguirá este mércores e xoves con avisos por ondada, vento e neve

Tanto o sur e a montaña de Ourense como a montaña de Lugo terán aviso amarelo por acumulacións de neve

O litoral galego tamén estará en alerta laranxa por ondada e en aviso amarelo por ventos fortes nas Rías Baixas, Costa da Morte e Coruña Noroeste

directo Enchentes en Ribadumia (TVG) / En directo cámara web da CSAG no Cebreiro
G24.gal 28/01/2026 08:08

Galicia continuará este mércores e mais o xoves baixo os efectos de borrascas e con alertas meteorolóxicas de nivel amarelo ou laranxa por ondada, vento forte e acumulacións de neve.

Segundo Meteogalicia, tanto o sur e a montaña de Ourense como a montaña de Lugo terán aviso amarelo por acumulacións de neve: serán de máis de 2 centímetros por encima dos 800 metros no sur da provincia ourensá e superiores aos 10 centímetros por enriba dos 1.000 metros.

O litoral galego tamén estará en alerta laranxa por ondada e en aviso amarelo por ventos fortes nas Rías Baixas, Costa da Morte e Coruña Noroeste. O xoves, a previsión é que a alerta por vento forte sexa amarela nas primeiras horas do día no conxunto de Galicia. O litoral tamén continuará con ondada potente, con aviso laranxa nalgunhas zonas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade