Publicador de contidos

Publicador de contidos

O temporal deixa en Portugal 6 mortos e en Nazaré agárdanse aínda ondas de 20 metros

O temporal deixa en Portugal 6 mortos e en Nazaré agárdanse aínda ondas de 20 metros

G24.gal 30/01/2026 19:18

Seis vítimas mortais por accidentes relacionados co temporal e grandes danos materiais que aínda están a ser avaliados.

O paso da borrasca Kristi polo centro de Portugal levou o Goberno a decretar o estado de calamidade en sesenta municipios, a maioría nas comarcas de Coímbra e Leiría.

Venres á tarde e 300.000 veciños seguían sen ter luz.

Ata o luns non é probable que a volvan ter todos.

Moitas liñas do tráfico ferroviario quedaron suspendidas e estradas cortadas.

Hai asolagamentos por todas partes, mesmo en áreas urbanas.

En Coímbra rebordou o Mondego.

E aínda non rematou; a costa de Nazaré está en alerta porque, ademais do vento, agardan ondas de ata 20 metros no mar.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade