Publicador de contidos

Publicador de contidos

Kristin deixa vehículos atrapados, autovías cortadas, trens cancelados e clases suspendidas en media España

Kristin deixa vehículos atrapados, autovías cortadas, trens cancelados e clases suspendidas en media España

A neve e o vento foron os problemas nun primeiro momento, e despois a chuvia provocou inundacións e rebordamentos. 

A borrasca deixa 5 feridos e máis de 600 desaloxados entre Estremadura e Andalucía

EFE
G24.gal 28/01/2026 16:13 Última actualización 28/01/2026 21:43

Agás Navarra, todas as comunidades amenceron en aviso por neve, chuvia ou vento pola borrasca Kristin. Vehículos atrapados, autovías cortadas, trens suspendidos, demoras nos voos e clases canceladas, ademais da interrupción da subministración eléctrica en Andalucía é  un primeiro balance do paso da borrasca.

A neve e o vento foron os maiores problemas, especialmente para o tráfico por estrada, aínda que a chuvia, a medida que avanzaba o día foi provocando inundacións e rebordamentos. 

Andalucía rexistrou máis de 1.500 incidencias este mércores. Ademais, contabilizáronse cinco feridos durante a xornada, ocasionados pola caída de árbores, ladrillos e pezas de ferro. 

Os bombeiros de Málaga rescataron dous homes quedaran atrapados nos seus coches en dous arroios nas localidades de Álora e Ronda. Na provincia de Sevilla, a Garda Civil rescatou tamén outra persoa que estaba sendo arrastrada pola corrente.

Europa Press Europa Press

Dirección Xeral de Tráfico, mantén aínda 102 estradas afectadas, dúas da rede principal qe están transitables por precaución, mentres que 16 vías secundarias están ao tráfico pola neve e outras 36 están pechadas pola chuvia.

 A situación foi mellorando conforme avanzou o día. A A-6 permaneceu cortada durante boa parte da mañá no tramo comprendido entre Guadarrama e Aravaca, na Comunidade de Madrid, deixando atrapados na vía a decenas de vehículos. O temporal provocou o embolsamento de camións en varias vías principais.​​

EFE EFE

 

En canto á circulación ferroviaria, a borrasca está a impactar tanto nos servizos de alta velocidade como de proximidade.

Un Alvia Madrid-Vigo sufriu un retraso de máis de dúas horas e media pola acumulación de xeo no intercambiador de vía de Taboadela.

O Ministerio de Transportes informou de que, no corredor de Madrid a Barcelona, circúlase a 160 quilómetros por hora no tramo de Guadalaxara a Calatayud pola neve. Os primeiros trens acumularon atrasos entre 70 e 120 minutos.

No corredor Sur, está cortada a circulación en Villar del Río (Córdoba) desde as 9:30 por inundacións, do mesmo xeito que a vía de Córdoba a Xaén e de Córdoba a Antequera. Así mesmo, o Alvia 10695 Cádiz-Barcelona suprímese en Córdoba e os viaxeiros continuarán ata Alcázar vía Madrid. En canto aos proximidades e o resto de servizos públicos, houbo afectacións en Chamartín e as liñas do norte.

Aena informou da ralentización de operacións no aeroporto de Adolfo Suárez Madrid-Barajas pola neve.

A actividade escolar resentiuse en moitas provincias. Así, en Andalucía 77 municipios de Málaga, Almería e Cádiz cancelaron a actividade para este mércores, e noutras provincias os centros escolares non puideron desenvolver a súa actividade ao ter que suspenderse o transporte como ocorreu en Zamora. En Castela-A Mancha  13.000 nenos quedaron se colexio polo tempora.

En canto á actividade universitaria, a Universidade de Xaén cancelou toda a actividade presencial. En Madrid, a Universidade Autónoma suspendeu todas as actividades lectivas, mentres que o campus de Colmenarejo da Universidade Carlos III cancelou as clases da mañá. 
 

EFE EFE

Andalucía está a ser unha das comunidades máis castigadas pola borrasca. A Axencia de Emerxencias enviou  a mensaxe Es-Alert aos cidadáns de 36 concellos da Almanzora e de Vélez polo aviso vermello activo nesas zonas de Almería.

A subministración eléctrica viuse tamén interrompida na comunidade autónoma que afectan a unhas 170.000 pesoas nas oito provincias debido á caída de árbores e obxectos sobre as liñas de tensión.

Así mesmo, a estación de esquí de Sierra Nevada pechou por terceiro día consecutivo e o porto de Alxeciras (Cádiz) mantén pechado o acceso a camións e canceladas as súas saídas desde Tarifa como consecuencia do temporal no Estreito.

EFE EFE

A Confederación Hidrográfica do Guadalquivir estableceu o nivel vermello de emerxencia pola crecida do río ao seu paso por Villanueva de la Reina e mantén o amarelo noutros catro puntos da conca por risco de desbordamentos. O número de desaloxados ascende a 300, deles, 247 son na provincia de Cádiz.

En Estremadura, a Junta emitiu pasadas as 10 horas un Es-Alert por fortes refachos de vento que poden superar os 130 quilómetros por hora en varios puntos da provincia de Cáceres. Así mesmo, as presas de Jerte, Borbollón e Rivera de Gata están a rexistrar desencoros significativos tras a última chuvia destes días pasados.

En dúas pedanías de Badaxoz sobre 350 veciños foron desaloxados como medida preventiva pola enchente de dous ríos que triplicaron o caudal habitual. En Estremadura contabilizáronse máis de 300 incidencias.

En Cáceres o alcalde, Rafael Mateos, anunciou que iniciaron os trámites para solicitar a declaración de zona gravemente afectada por unha emerxencia de protección civil, más coñecida como declaración de 'zona catastrófica, tras o episodio de fortes ventos rexistrados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade