Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un corremento de terra deixa unha casa a piques de caer na praia e afunde unha estrada en Perbes

Un corremento de terra deixa unha casa a piques de caer na praia e afunde unha estrada en Perbes

A vivenda ten unha orde de derruba

A vía permanece cortada e obriga os veciños a dar un rodeo para accederen ás súas casas 

A casa está situada enriba da praia de Lago, en Perbes (TVG)
G24.gal 05/03/2026 13:15

A situación da vivenda dá vertixe. Está situada enriba da praia de Lago, en Perbes (Miño), e a chuvia das últimas semanas provocou un corremento de terra que a desprazou varios metros e ameaza con caer no areal.

O propietario herdouna e estaba acondicionándoa para habitala. Agora ten que derrubala. Os veciños da zona teñen claro a orixe do problema: o anterior propietario obtivera permiso hai máis de 50 anos para facer un muro de contención. Alguén o denunciou e Costas ordenou a demolición. Desde entón o terreo non deixou de ceder e a última chuvia intensa fixo o resto.

O corremento de terra tamén provocou o afundimento dun treito da estrada que pasa por enriba da praia e que comunica Perbes e Miño. A vía permanece cortada e obriga os veciños a dar un rodeo para accederen ás suas casas. Pero o que máis lles preocupa é que o terreo siga cedendo.

A Deputación da Coruña, titular da estrada, encargou pola via de urxencia un estudo xeotécnico e xeofísico para determinar o alcance do movemento do terreo. Logo redactarán o proxecto e executarán a obra necesaria á maior brevidade, conscientes de que a via é vital na zona especialmente no verán.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade