Publicador de contidos

Publicador de contidos

Illadas catro aldeas de Quiroga por un derrubamento nunha estrada

Illadas catro aldeas de Quiroga por un derrubamento nunha estrada

A estrada viuse moi afectada pola erosión tras o incendio de Larouco e a chuvia das últimas horas acabaron por desestabilizala por completo

Concello de Quiroga
G24.gal 28/04/2026 21:41 Última actualización 28/04/2026 21:52

Un derrubamento na estrada deixa illadas as aldeas de Paradapiñol, Rugando, Cereixido e Vilarmel, todas en Quiroga.

A vía afectada é a única que dá acceso a estes lugares. Na tarde deste martes, uns dez metros de calzada derrubáronse debido á chuvia. 

Esta zona ardeu o pasado verán no incendio máis grande da historia de Galicia, o de Larouco. A partir de entón, a estrada estivo moito máis exposta á erosión, e a chuvia das últimas horas acabaron por desestabilizala por completo.

Dende as súas redes sociais, o Concello asegura que traballa para reabrila en canto sexa posible.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade