Publicador de contidos

Publicador de contidos

Centos de persoas visitan Dumbría para gozar da fervenza do Ézaro

Centos de persoas visitan Dumbría para gozar da fervenza do Ézaro

O salto loce espectacular despois de meses de chuvias constantes

G24.gal 22/02/2026 14:31 Última actualización 22/02/2026 16:08

As precipitacións incesantes deste inverno tamén teñen as súas cousas positivas e non hai máis que achegarse a Dumbría para comprobalo: á Fervenza do Ézaro. 

Parada obrigada para quen visita a Costa da Morte, loce espectacular. Nesta primeira fin de semana sen chuvia do ano recibiu centos de visitantes.

Non hai outro río en toda Europa que se funda co mar como o fai o Xallas no Ézaro. As augas deslízanse polas paredes graníticas do Monte Pindo desde unha altura de corenta metros. 

"É unha fervenza que cae o mar, a única en Europa con estas características, é peculiar", salienta unha turista malagueña.

É unha paisaxe natural monumental única, parada imperdible para quen visita a Costa da Morte. Coincidimos cun grupo chegou nunha excursión desde Santiago de Compostela.

A visita cadroulles nun momento ideal, con sol despois de incontables semanas de chuvia e cun caudal alto. A fervenza e todo o que a rodea son un convite á contemplación pausada.

"Viñemos de vacacións a Santiago e decidimos facer esta excursión, que nos está encantando".

"Este lugar respira paz e tranquilidade. É  moi relaxante".

"É un lugar natural e salvaxe, para saír da cidade e estar na natureza".

"Marabilloso, é a primeira vez que veño, pero volverei no verán para vela mellor", comentan algúns dos visitantes.

Volver para deixarse sorprender de novo pola beleza do Ézaro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade