Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comeza a retirada da duna de Riazor que protexe o paseo marítimo da Coruña no inverno

Comeza a retirada da duna de Riazor que protexe o paseo marítimo da Coruña no inverno

Os traballos prolongaranse polo menos durante dúas semanas

A duna érguese cada outono e retírase en maio
G24.gal 04/05/2026 15:32

Os traballos de retirada da duna que se coloca cada ano na Coruña para protexer o paseo marítimo durante a tempada invernal comezou este luns. Este inverno tivo que ser reforzada ata en dúas ocasións polo paso das borrascas, con ventos de ata 100 quilómetros/hora e ondas de máis de nove metros.

A concelleira de Medio Ambiente, Yoya Neira, asistiu ao comezo dos traballos para a retirada da citada duna, informan desde o goberno local.

Dous bulldozer e unha retroexcavaora traballarán uns quince días para deixar a praia de Riazor lista para o seu uso a partir do próximo 15 de xuño. Neira lembrou á cidadanía que debe respectar os precintos que se irán colocando na zona para sinalizar a presenza das máquinas.

Ademais, sinalou que van comezar as intervencións nos demais areais para preparalos para a tempada de verán.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade