Publicador de contidos

Publicador de contidos

A grande afluencia de peregrinos e turistas nesta Semana Santa déixase sentir en Santiago

A grande afluencia de peregrinos e turistas nesta Semana Santa déixase sentir en Santiago

Están a chegar milleiros de peregrinos cada día e hai longas ringleiras para entrar na Catedral

O sector da hostalería celebra as boas cifras de visitantes que deixan un importante impacto na economía

G24.gal 04/04/2026 15:00

"Apenas imos chegando e vendo as rúas cheas de xente, é unha ledicia que imos atopando xente que desexa vivir a Semana Santa coma nós e é unha legría poder vivir a Pascua aquí", destaca unha peregrina.
 

"É unha experiencia incrible, a chegada de onte foi moi emocionante, moi bonita, chegar á Catedral. É unha experiencia que lla recomendo a todo o mundo", di un peregrino.

A grande afluencia de peregrinos e turistas nesta Semana Santa déixase sentir en toda Compostela. A praza do Obradoiro é cita obrigada e punto de encontro de todos eles. As cifras son altas, están a chegar milleiros de peregrinos cada día e hai longas ringleiras para entrar na Catedral.

"Estou desfrutando da praza do Obradoiro e creo que hai máis xente que o ano pasado, polo tempo, hoxe estase divino", di outra peregrina.

"Sempre non dixeron en Perú que se vés a Galicia e non vés a Santiago de Compostela é como que non viñeches, entón chegamos ata aquí", engade unha turista.

As rúas da zona vella están ateigadas de visitantes. Comezou a temporada alta, para moitos son primeiras vacacións do ano. O sector da hostalería celebra as boas cifras de visitantes que deixan un importante impacto na economía.

"Están vindo unha semana moi boa, Santiagoé un sitio turístico, pero inflúe tamén o bo tempo. Nótase que a economía está indo ben, a xente gasta", di Javier Navaza, hostaleiro.

"Moito turista, moito peregrino, a veces gasta máis o turista nacional que o de fóra pero si que hai moita xente e moita demanda, temos o bar completo case todos os días coas reservas", engade Demian Vilasuso, que traballa en hostalería.

Na Semana Santa Galicia recibe sobre todo turismo da propia comunidade, tamén visitantes nacionais e moito turista portugués.

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade