Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ataques a negocios nunha galería comercial do centro de Ourense

Ataques a negocios nunha galería comercial do centro de Ourense

Un dos comerciantes conseguiu medidas cautelares e unha orde de afastamento pero os incidentes continúan

Aseguran que atopan todo tipo de lixo: ovos, mexos, preservativos e excrementos de animais e de humanos

G24.gal 04/04/2026 14:28 Última actualización 04/04/2026 15:08

Cada vez quedan menos comercios abertos nunhas galerías situadas no centro de Ourense. E os que quedan enfróntanse a actos vandálicos que van a máis desde hai catro anos polo menos.

Pechaduras inutilizadas, locais manchados con ovos ou excrementos, baños sucios e estragados adrede nun espazo que debería estar pechado de nove da noite a nove da mañá.

"Que sorte tiven que me xubilei porque non sei como aguantaría isto. Vexo a Juan avellentado e á rapaza desesperada porque isto é un malvivir e aquí pasas moitas horas traballando. Polo menos traballar no teu local a gusto. É o que se pide. E cunha boa convivencia", conta Milagros Carrera, dona dun local que agora está pechado.

Milagros di que antes eran coma unha familia e había máis negocios abertos. Agora, entre a crise do comercio tradicional e estes problemas, os locais nin se alugan nin se venden. O peor é que sospeitan dun dos inquilinos.

"Hai algunha medida cautelar tomada. En dous meses certa persoa non se pode achegar a menos de 30 metros do meu local. Iso estase cumplindo pero na entrada temos os mesmos problemas: a diario hai ovos tirados, preservativos, ouriños, cacas de animais cando non son de persoas", explica Juan Somastre, zapateiro e vicepresidente da comunidade.

Son comportamentos que dificultan a actividade comercial e a convivencia, e están desesperados.

"Non sabes como pode acabar, se ao ir ao baño vas a atopar xente inxectándose porque a esa persoa se lle ocorre deixar o baño sempre aberto e as fins de semana parece que aquí é un sitio de festa", lamenta Fredy Ramírez, da asociación cultural Fraternidad de María.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade