Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arrincan e tiran unha das 3 garzas que decoraban a rotonda de Beiramar no Grove

Arrincan e tiran unha das 3 garzas que decoraban a rotonda de Beiramar no Grove

Os empregados do servizo de mantemento localizárona pouco despois tirada nun xardín próximo

G24.gal 17/09/2026 13:50

Son as únicas superviventes das 17 esculturas de garzas metálicas que hai 24 anos lles daban a benvida aos viaxeiros na rotonda da Lanzada. Alí sufriron varios roubos e trasladáronas ao centro do Grove. Despois de pasar por varias localizacións, o Concello instalounas na rotonda de Beiramar. Só chegaron 3 e hai uns días unha delas desapareceu. Os empregados do servizo de mantemento localizárona pouco despois tirada nun xardín próximo.

Malia que neste caso semella confirmarse que foi un acto vandálico, os veciños sospeitan que as outras garzas foron roubadas.

O que si teñen claro os veciños do Grove é que, sexa vandalismo ou roubos, son actos incívicos que afectan ao patrimonio público e teñen un custo para as arcas municipais.

As garzas foron obra do artista Manuel Barreiro e tiveran un custo no seu momento de 33.000 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade