Volve soar a carraca da Catedral de Santiago
Só o dous días no ano, para substituír unhas campás mudas en sinal de dó
A tradición recuperouse en 2010 despois de case medio século
É un dos dous días ao ano en que un inusual estrondo emerxe do Obradoiro. A carraca substitue o repicar dunhas campás que, segundo a tradición católica, representan a voz de Cristo, apagada tras a crucifixión.
Antonio Sesar, estre carraqueiro da Catedral de Santiago, explica que "é o loito pola morte de Xesús, non se poden facer soar as campás porque teñen unha característica máis de festivade. Isto é como de loito ata o domingo de resurrección"
Antonio leva unha década xirando as manivelas deste peculiar instrumento de percusión en forma de aspa, 200 quilos de madeira de castiñeiro que o venres e o sábado santo anuncian o inicio dos oficios litúrxicos. A lenda di que o seu bramido alarmou ás tropas napoleónicas, que o tomaron por un motín.
Aínda que a súa orixe se remonta ao medievo, a que soa agora é unha réplica construída en 2010, cando se recuperou a tradición tras case medio século de silencio. Este sábado volverá soar para chamar ao Vía Crucis do mediodía e á vixila pascual das dez da noite.