Publicador de contidos

Publicador de contidos

O CIS Madeira renova por catro anos o convenio de colaboración coa Catedral de Santiago

O CIS Madeira renova por catro anos o convenio de colaboración coa Catedral de Santiago

Prolonga un traballo que nos últimos catro anos incluíu a restauración de pezas tan importantes como o baldaquino

G24.gal 08/05/2026 14:53

O acordo para a conservación e a restauración dos elementos de madeira da Catedral de Santiago asinábano este venres a conselleira de Industria e o director da Fundación Catedral de Santiago.

Prolonga un traballo en común nos últimos catro anos que incluíu a restauración de pezas tan importantes como o baldaquino da catedral.

 "Para nós é un auténtico pracer poder colaborar coa Fundación Catedral de Santiago e coa rehabilitación do patrimonio histórico e cultural de Galicia e dicir que os nosos técnicos van formar parte da mellor conservación e rehabilitación desta Catedral", di María Jesús Lorenzana, conselleira de Industria.

"Están a punto de empezar xa as estruturas de estada vistas da Torre do Reloxio e veremos automaticamente que hai que traballar coa madeira, hai que estudar e hai que ver cales son as mellores solucións para esas estruturas", engade Daniel Lorenzo, director da Fundación Catedral de Santiago. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade