Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Catedral de Santiago alberga unha das coleccións de tapices máis valiosas de España

A Catedral de Santiago alberga unha das coleccións de tapices máis valiosas de España

O Museo catedralicio conserva tapices tecidos nos talleres do prestixioso maestro da tapicería flamenga Jan Räes, baseados nos deseños de Rubens

Outro dos tesouros máis valiosos que podemos admirar son os doce tapices de Francisco de Goya realizados no século XVIII

G24.gal 24/05/2026 15:36

A Catedral de Santiago alberga unha das coleccións de tapices máis representativas e completas de España.

Intégrana un cento destas obras, aínda que permanecen expostas ao público a metade delas. Están nun excelente estado de conservación e é un tesouro artístico e patrimonial que paga a pena visitar. A colección ofrece un percorrido visual pola historia e pola arte de Europa a través dos tapices.

Con máis dun cento deles, a colección do Museo da Catedral de Santiago é un tesouro artístico e histórico. Non todos están expostos, pero nesta colección están representados séculos dun destacado legado cultural e patrimonial.

Don Pedro Acuña e Malvar foi figura clave desta colección.

"Foi ministro de Xustiza e secretario de Estado con Carlos IV, un home con capacidade económica para en poxas privadas mercar tapices que quedaban descatalogados dos placiso reais, merca obras e temos Goyas, temos Rubens...é un luxo o que temos aquí en Santiago de Compostela", di Pedro Rey-Alvite, guía oficial de turismo.

A Catedral conserva tapices de Bruxelas tecidos nos talleres do prestixioso maestro da tapicería flamenga Jan Räes, baseados nos deseños e cartóns de Rubens.

"Un dos máis prestixiosos tapiceiros daquel tempo é Jan Räes e a única serie de Aquiles de Jan Räes e Rubens que hai en España é parte destes tres tapices. Son tapicerías moi moi custosas", engade.

Neste percorrido tamén atopamos as primeiras obras da Real Fábrica de Tapices.

Outro dos tesouros máis valiosos que podemos admirar no Museo da Catedral de Santiago son os doce tapices de Francisco de Goya realizados no século XVIII.

"Goya volveu tolos aos membros das Reais Fábricas de Tapices do seu tempo xa que ía engadindo máis detalles e máis detalles. Aínda que a capacidade dos artesáns daquel tempo é espectacular, reproducir a man de Goya, esos trazos en artesanía é moi complexo. Son obras dunha calidade exquisita", destaca Pedro Rey-Alvite.

Estes tapices están nun excelente estado de conservación. Representan un testimonio vivo da arte téxtil europea e do patrimonio artístico de España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade