Publicador de contidos

Publicador de contidos

A catedral de Santiago revisa, cataloga e amosa os seus tapices profanos

A catedral de Santiago revisa, cataloga e amosa os seus tapices profanos

 Hai máis de cen, proceden da Corte de Madrid e foron doados polo cóengo Pedro Acuña 

 É unha das coleccións máis amplas e mellor conservadas de España

G24.gal 13/10/2026 14:24

Baixo a bóveda de granito da sala capitular, os tapices flamengos evocan algunhas das batallas máis famosas da antigüidade, da segunda das Guerras Púnicas. Hai cinco salas temáticas, ordenadas de xeito cronolóxico.

A enorme colección de tapices -hai máis de cen- é quizais a xoia máis valiosa e máis descoñecida do Museo de Catedral, que agora dá un paso para estudar, conservar e difundir o valor deste legado que fixo á catedral Santiago o cóengo Pedro Acuña, que foi membro da Corte.  

Na segunda sala, a partir de cartóns de Rubens, técese, fío a fío, a historia de Aquiles. Pero coñecer os tapices é tamén saber que no seu tempo se valoraban máis ca o deseño orixinal. Despois desta época,  veu a moda das escenas costumistas. Creadas en seda e la, para decorar e abrigar, os tapices que se amosan las salas tres, catro e cinco xa foron elaborados pola Real Fábrica de Tapices Madrid.

Na última sala vemos o Goya dos inicios, cando facendo cartóns fixo tamén méritos para se converter no pintor de cámara do rei.

Obras que podemos ver no Museo do Prado, témolas en Santiago do revés, porque o tapiz reflicte o deseño como un espello.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade