Publicador de contidos

Publicador de contidos

A catedral acolle a ofrenda ao Apóstolo con Santalices como delegado rexio

A catedral acolle a ofrenda ao Apóstolo con Santalices como delegado rexio

A cerimonia, presidida polo arcebispo, monseñor Francisco José Prieto Fernández, comeza ás 10:30 horas

A praza do Obradoiro este 25 de xullo. EFE/Xoán Rey A praza do Obradoiro este 25 de xullo. EFE/Xoán Rey
G24.gal 25/07/2026 09:30 Última actualización 25/07/2026 11:18

A catedral de Santiago acolle este sábado a Ofrenda ao Apóstolo, un dos actos centrais do 25 de xullo, Día de Galicia, co presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, como delegado rexio.

Santalices xa exerceu este papel nos anos 2016, 2018 e 2024. Ademais, presentou a Ofrenda da Translación de 2017, 2018, 2019, 2023 e 2024.

A cerimonia, presidida polo arcebispo, monseñor Francisco José Prieto Fernández, comeza ás 10:30 horas. Minutos antes, Santalices chega á praza do Obradoiro, onde se levan a cabo as honras e pase de revista, coa participación da alcaldesa, Goretti Sanmartín.

Despois da cerimonia relixiosa, a partir das 12:15 horas, a comitiva oficial dirixirase ao Pazo de Raxoi para que o delegado rexio, Santalices, firme no Libro de Honra do Concello de Santiago.

Á cerimonia asisten autoridades civís, institucionais, relixiosas e militares. Entre elas, o líder do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo e o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco.

Con todo, a ofrenda non é a única cita o do día no interior do templo, onde se van celebrar as rutineiras misas do peregrino, previstas ás 13:00, 16:00, 17:00, 18:00 e 19:30 horas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade