O arquivo da Catedral presenta a súa nova web na que se poden consultar 84.000 arquivos dixitalizados
O arquivo da Catedral presenta a súa nova web na que se poden consultar 84.000 arquivos dixitalizados
A páxina permite consultar documentos históricos de valor incalculable, antes dispoñibles soamente en ámbitos do estudo e a investigación
Case un ano de traballo intenso para poñer a disposición de calquera usuario os tesouros que custodia o arquivo da Catedral de Santiago a través da súa nova páxina web. Son ao redor de 84.000 rexistros coas súas fotos asociadas.
"A web funciona realmente como unha web que ofrece todos os servizos e as informacións relacionados co arquivo-biblioteca", apunta o arquiveiro Arturo Iglesias
Sistemas de busca máis intituitivos e accesibles, menos técnicos e de código libre. Esta nova ferramenta permite consultar documentos históricos de valor incalculable, antes dispoñibles soamente en ámbitos do estudo e a investigación
"Hai todo tipo de usuarios. Agora mesmo pois os que estamos aquí somos usuarios non especializados en arquivística e documentación, e poden atopar perfectamente as cousas, ter igual toda a información que necesitan con todo o rigor e toda a seriedade dende a ubicación, a sinatura ou colocación ata os datos máis técnicos, pero sen que niso se perdan ou os abrume", explica Francisco Buíde, arquiveiro da Catedral de Santiago
Ademais de todas as actas capitulares das reunións do cabido ata a actualidade, pódense consultar os protocolos notariais, algún do século XV. Outro enlace lévanos ás fotografías que o sacerdote José Limia fixo por toda Galicia no século XIX, documentos de gran valor histórico agora ao alcance de todos.