As Cíes volven a se converter nun dos destinos preferidos na Semana Santa
A Navieira Mar de Ons, unha das que opera o traxecto, vendeu máis de 6000 billetes ata o domingo
Outro ano máis as Illas Cíes volven ser un dos grandes destinos do turismo en Galicia. O arquipélago está a tope de turistas. E así continuará toda a fin de semana.
Os datos da Seman Santa que nos ofrece a Navieira Mar de Ons, unha das que opera este traxecto desde Cangas, desde Baiona ou desde Vigo, son de máis de 6000 billetes vendidos ata o domingo.
Este sábado o cupo de 1800 persoas por día, que protexe esta paraxe dos excesos turísticos, está cuberto. Proceden na súa maior parte de territorio español pero tamén hai visitantes internacionais que reservan a súa pasaxe cada vez con máis antelación, ata mes e medio antes.
Aínda quedan prazas para o domingo, algo xa habitual nos días da operación retorno da Semana Santa. Así que o común é que sexa un día no que a maioría dos turistas sexan galegos ou de preto.
"Para poder visitar as Illas Cíes ou calquera Illa do Parque Nacional é obrigatoio e necesario obter o permiso da Xunta de Galicia. No caso das Cíes o cupo son 1800 visitantes diarios Cada vez otamos que a xente está máis concienciada e que reserva con máis antelación", cóntanos Noelia Iglesias, que é a coordinadora da Navieira Mar de Ons.