Risco de cancelacións de voos pola suba do prezo do combustible
As aeroliñas europeas amosan a súa preocupación polo desabastecemeto e o prezo do queroseno
Europa non importa grandes cantidades de cru do Golfo pero si de queroseno, o combustible dos avións. O último buque cargado con el, procedente do Ormuz, chegará o 9 de abril. A pregunta é que vai pasar se a guerra se prolonga. Ante a previsión de desabastecento varias aeroliñas xa anunciaron cancelacións de cara ao verán, entre elas Ryanair e Volotea, que xa está contactando cos pasaxeiros afectados para reubicalos noutros voos ou facerlles un reembolso.
"É un trastorno que a quen lle toque lle vai fastidiar pero ben "
"Se hai cancelacións con antelación ao mellor todavía podes facer replanificacións senón e complicado".
"Hai cousas que non se poden. Por exemplo, facemos unha ruta cara ao Machu Pichu de catro días que se chama camiño Inca, que tes que reservala con moito tempo de antelación, eses días exactos e iso non se pode reubicar, sería todo a viaxe ao traste".
"Pois estamos aí con que faremos este verán. Non sabemos se poderemos ir", comentan varios pasaxeiros.
A incertidume fai que sexan moitos os que busquen outras opcións de viaxe.
"Miraremos no momento algunha opción que non sexa con avión para intentar evitar conflitos ou posibles incidencias".
" E se non pois a opción de última quedas na casa tranquilamente e xa está e outro ano será outra historia", apuntan outros.
A preocupación das aeroliñas non é so pola cantidade de queroseno que vai faltar do mercado. Tamén a escalada do prezo. Nos últimos días, a tonelada rozou os 1.800 dólares máis do dobre que a finais de febreiro.