Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ir de camping, unha opción vacacional que medrou en Galicia na última década un 75%

Ir de camping, unha opción vacacional que medrou en Galicia na última década un 75%

A ocupación nestes establecementos rolda o 80% na Semana Santa 

Algunhas das zonas máis solicitadas son a de Vigo e a de Ferrolterra

G24.gal 04/04/2026 10:12

Unha das alternativas escollidas para ocupar o tempo de lecer estes días festivos son os campings.

Unha opción vacacional que medrou en Galicia na última década preto dun 75%.

De feito, para esta Semana Santa a ocupación prevista nos campings galegos é dun 80%. Algunhas das zonas máis solicitadas son a de Vigo e a de Ferrolterra.

Na nosa comunidade hai preto de 130 campings, sendo a da Coruña a provincia que concentra o maior número, seguida da de Pontevedra.

O bo tempo do que gozamos na comunidade axuda a que esta sexa unha das opcións preferidas estes días en Galicia para aproveitar as vacacións. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade