Galicia consolídase como destino turístico esta Semana Santa
Nas Rías Baixas superan estes días o 80% de ocupación
Nas Illas Cíes esgotáronse todas as prazas dispoñibles,1.800
Ourense está previsto que este venres alcance, con 26 graos, a máxima de España
Galicia consolídase como un destino preferencial nesta Semana Santa. O bo tempo atrae os visitantes do noroeste. Nótase sobre todo en zonas de costa, como as Rías Baixas, que superan estes días o 80 por cento de ocupación, mesmo chega ao 95 en zonas como Sanxenxo.
A maioría das reservas confrimáronse a última hora. Turistas nacionais, de Madrid, a meseta e sobre todo Portugal, conforman o perfil dos visitantes.
Bo tempo e gastronomía, elementos que xustifican unhas curtas vacacións nas Rías Baixas. Os restaurantes colgan tamén cartel de completo.
A auga aínda está fresca, só se bañan os máis atrevidos, pero o sol intenso e temperaturas que superan os vinte graos convidan a relaxarse á beira do mar
E en Ourense, esta previsto que este venres rexistre a máxima máis elevada de toda España, nada menos que 26 graos, empatando con puntos de Huelva, Sevilla ou Cádiz.
As Cíes, entradas esgotadas
Onde xa non collen máis visitantes este Venres Santo é nas illas Cíes, que esgotaron as 1.800 prazas dispoñibles. É o primeiro cheo total desta temporada. Para toda a Semana Santa fixéronse en total máis de 6.000 reservas, pero todavía quedan ocos algún día. Se queren visitar o arquipélago lembren que teñen que pedir o permiso a través da web.