Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aparecen pintadas no Mosteiro de Carboeiro, unha das xoias do románico galego

Aparecen pintadas no Mosteiro de Carboeiro, unha das xoias do románico galego

As marcas, de cor alaranxada, afectan á parte exterior da cripta

O concello de Silleda pídelle á Dirección Xeral de Patrimonio que avalíe o alcance dos danos e proceda á súa limpeza

 

 

Detalle das pintadas realizadas no Mosteiro de Carboeiro (Foto: concello de Silleda) Detalle das pintadas realizadas no Mosteiro de Carboeiro (Foto: concello de Silleda)
G24.gal 03/04/2026 12:34

O Concello de Silleda informou á Dirección Xeral de Patrimonio da aparición de pintadas no Mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro; un mosteiro fundado no século X, declarado Monumento Nacional en 1931 e considerado unha das xoias arquitectónicas de estilo románico máis destacadas de Galicia.

As marcas, realizadas con material brando e de cor alaranxada, foron descubertas a finais da semana pasada na parte exterior da cripta.

O Goberno local pídelle á Xunta que realice unha inspección técnica co fin de avaliar o alcance dos danos e determinar que protocolo a seguir para proceder á súa limpeza, conservación ou restauración para que se poidan eliminar sen comprometer a integridade do soporte pétreo nin a lexibilidade da inscrición. O concello adxunta na comunicación documentación fotográfica cos danos advertidos.

O consistorio pídelles á cidadanía e aos visitantes "extremar o respecto e o coidado" do patrimonio histórico, especialmente nun enclave "tan simbólico e singular" como o Mosteiro de Carboeiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade