Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os vándalos causan estragos no novo embarcadoiro do río Mandeo, aínda sen inaugurar

Os vándalos causan estragos no novo embarcadoiro do río Mandeo, aínda sen inaugurar

A instalación tiña previsto celebrar a súa estrea a próxima semana

G24.gal 21/04/2026 13:57

O Concello de Betanzos tiña previsto inaugurar a próxima semana o embarcadoiro e a base de actividades de ecoturismo construídos na zona da Tolerancia do río Mandeo. Unha obra que custou algo máis de 240.000 euros. Pero a esa cantidade haberá que sumarlle agora o custo da reparación dos danos que causaron os vándalos: pintadas nas estruturas metálicas e estragos nas tomas de corrente para as embarcacións eléctricas.

Tamen arrincaron árbores. Un mal endémico que afecta a outros espazos públicos do Concello, como o parque dos Cabidos de recente construción. Algo que indigna os veciños polo custo que ten para as arcas municipais repararen eses danos.

Precisamente o Concello de Betanzos está a poñer en funcionamento medidas para combater a acción dos vándalos, que lle custan uns 40.000 euros anuais ao erario público.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade