Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xornada grande en Ferrol e Viveiro coas procesións do Venres Santo

Xornada grande en Ferrol e Viveiro coas procesións do Venres Santo

O Santo Encontro, coas súas tradicionais imaxes articuladas, abriu a xornada en Viveiro

Ferrol e Viveiro reuniron milleiros de persoas no Xoves Santo

As rúas de Ferrol e Viveiro enchéronse coas procesións (TVG)
G24.gal 03/04/2026 09:24

Viveiro e Ferrol viven os días grandes das súas procesións declaradas de interese turístico internacional. Este Venres Santo, en Viveiro, xa pola mañá, a partir das 10, celebrouse unha das máis emotivas, a do Encontro, coas súas tradicionais imaxes.

Este Xoves Santo nun dos seus días grandes, 2000 confrades participando nas procesións. Contra ás sete da tarde a protagonista foi a procesión da Última Cea, organizada pola Venerable Orden Terceira Franciscana, sendo unha das que máis expectación suscita. Sacou á rúa un impresionante paso creado en 1808 por un artesán local que, segundo contan, para tallar os apóstolos chegou a inspirarse en mariñeiros da vila.

 

Logo saiu a do Prendemento, con 70 confrades que portarán o paso tallado polo compostelán José Rivas en 1947. E xa na medianoite  a procesión da Misericordia pechou o Xoves Santo.  

Tamén esta pasada noite a Galega restransmitiu en directo dende Ferrol a Procesión do Cristo da Misericordia e María Santísima da Piedade. Trátase da procesión máis numerosa da Semana Santa ferrolá declarada de Interese Turistico Internacional.

En Pontevedra

A Semana Santa galega ten outros moitos puntos de interese. En Pontevedra, por exemplo, este Xoves Santo saiu unha das procesións máis emblemáticas da cidade, a dos Pasos. Partiu da basílica de Santa María e percorreu a cidade do Lérez. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu esta procesión na que participan sete confrarías pontevedresas.

É a primeira vez que un presidente da Xunta encabeza unha procesión de Semana Santa en Pontevedra. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade