Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un incendio nunha nave de Salvaterra de Miño deixa unha persoa ferida

Un incendio nunha nave de Salvaterra de Miño deixa unha persoa ferida

Tiña queimaduras e o persoal sanitario trasladouna ao centro hospitalario de referencia

O 112 informa de que ardeu todo o interior da nave, onde se facían traballos de soldadura, dous vehículos e un elevador hidráulico

Unha faísca de soldadura é a hipótese máis probable da orixe do lume

G24.gal 03/04/2026 01:35

Un incendio nunha nave de Salvaterra de Miño deixou unha persoa ferida. Tiña queimaduras e o persoal sanitario trasladouna ao centro hospitalario de referencia.

O 112 informa de que ardeu todo o interior da nave, onde se facían traballos de soldadura, dous vehículos e un elevador hidráulico. Unha faísca de soldadura é a hipótese máis probable da orixe  do lume

Foi no lugar de Grixó, na parroquia de Alxén, e o aviso deuno un particular. Bombeiros de catro parques comarcais traballaron na extinción: O Porriño, Morrazo, Vilagarcía e Ponteareas,  ademais do GES de Mos. Contaron co apoio da Garda Civil de Policía Local e de Protección Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade