Publicador de contidos

Publicador de contidos

A viguesa Patricia Suárez gaña unha regata do Princesa Sofía de vela e opta ao podio

A viguesa Patricia Suárez gaña unha regata do Princesa Sofía de vela e opta ao podio

A falta de dúas xornadas para o remate da prestixiosa proba o 49er da galega colócase na quinta posición

G24.gal 03/04/2026 09:18

O Princesa Sofía de vela chega á recta final en todas as categorías coa viguesa Patricia Suárez na quinta posición no 49er FX. O xoves realizou canda Melania Henke unha gran xornada logrando a vitoria na undécima regata e subindo moitos postos ata situarse a cinco puntos da terceira praza.

Continúan á fronte da frota a parella española formada por Paula Barceló, antiga compañeira de Támara Echegoyen, e María Cantero (13). A un punto están as irmás canadianas Lewin Lafrance (14) e a catro as dinamarquesas Seaton e Andersen. Quedan as tres regatas do venres e a Medal Race do sábado. 

Na categoría 470 seguen á fronte Xammar e Cardona que están moi preto de acadar o trofeo. No 49er mandan os australianos Price e Paul que lograron catro vitorias nas once regatas disputadas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade