Publicador de contidos

Publicador de contidos

As F-100 garanten carga de traballo para o naval ferrolán durante 10 anos

As F-100 garanten carga de traballo para o naval ferrolán durante 10 anos

A construción das cinco fragatas para a Armada española está xerando arredor de 10 mil postos de traballo directos, moitos na industria auxiliar

No sector falan dun "cambio de ciclo" e afirman que teñen garantida ocupación durante os próximos 10 ou 15 anos

G24.gal 03/04/2026 10:51

​A industria do naval en Ferrol vive un "cambio de ciclo económico" grazas ao contrato de construcción das cinco fragatas F-110 que renovarán a frota da Armada Española. Uns encargos que están xerando arredor de 10 mil postos de traballo directos, moitos na industria auxiliar.

presidente da Confederación Empresarios de Ferrol, Cristóbal Dobarro, asegura que o sector está obtendo "os mellores rexistros de creación de empresas desde 2012", con niveis de ocupación "moi elevados" debido aos proxectos de obra nova de Navantia.

"Os proxectos de Navantia e a situación xeopolítica a nivel mundial fainos pensar que imos ter dez o quince anos con este elevado nivel de carga de traballo", explica Jorge Sanesteban, responsable de producción de INTAF.

Unha etapa de expansión que se apoia tamén na investigación tecnolóxica a carón da universidade, con moitas "tecnoloxías duais" no ámbito civil e militar, e que beneficiará tamén á industria naval de Vigo, que construirá cinco embarcacions de servizo para os arsenais.

Unha nova etapa prometedora para Galicia que chega da man do futuro da Defensa e do sector enerxético.​

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade