Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os motoristas deberán levar luvas e calzado pechado a partir de outubro

Os motoristas deberán levar luvas e calzado pechado a partir de outubro

A nova normativa da DXT entrará en vigor o 1 de outubro e sancionará con 200 euros o incumprimento destas medidas

G24.gal 25/08/2026 10:25

A actualización do Regulamento Xeral de Circulación da DXT introducirá novas obrigas para os usuarios de motocicletas e ciclomotores a partir do 1 de outubro. Entre elas estará a prohibición de circular con chanclas ou sandalias e a obrigatoriedade de utilizar luvas de protección nas vías interurbanas. 

O novo regulamento establece que tanto condutores como pasaxeiros deberán levar calzado pechado en calquera tipo de vía. O incumprimento desta norma, do mesmo xeito que non utilizar luvas obrigatorias en estrada, poderá supoñer unha multa de 200 euros. 

A normativa tamén introduce cambios sobre os cascos. Os motoristas deberán utilizar modelos homologados, aínda que terán ata o 1 de outubro de 2027 para adaptarse a esta esixencia no caso das luvas. 

Entre as novidades figura ademais a posibilidade de que as motocicletas circulen pola beiravía dereita en situacións de retención, sempre que o tramo estea sinalizado e non superen os 30 quilómetros por hora. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade