Publicador de contidos

Publicador de contidos

Actividade intensa nos viñedos de Galicia nesta vendima adiantada

Actividade intensa nos viñedos de Galicia nesta vendima adiantada

Esperan que as treboadas e chuvia non estrague as uvas

G24.gal 25/08/2026 14:38

Na cooperativa Viña Costeira traballan estes días na vendima unhas setenta persoas entre os viñedos e a adega. Calculan unha produción para este ano darredor de tres millóns de quilos de uva, aproximadamente un terzo do que se recolle na denominación de orixe Ribeiro.

"Houbo operadores que arrancaron a semana pasada, nós agardamos por variedades máis precoces como o godello ou o albariño de Gomariz de Viña Costeira, agardamos o momento óptimo de maduración. Collemos a uva no momento exacto para facer os viños que queremos facer", explica Carlos Alberte Pérez, director de viticultura de Viña Costeira.

Esta vendima tempraneira ven dada polas condicións meteorolóxicas. Tras as altas temperaturas e a falta de precipitacións, no Ribeiro nos últimos dous días choveu máis que nos últimos dous meses. Agora din, toca adaptarse as circunstancias.

"Non é un traballo moi longo, non chega nin a 30 días, entón aturamos a chuvia e non pasa nada, estamos a tope", apunta Oswaldo Zamora, temporeiro que ven dende Ecuador. 

Son días de moito traballo, pero tamén de satisfacción polo esforzo de todo un ano.

"Son dúas semanas moi bonitas porque realmente son as semanas que recolles o traballo feito durante todo un ano entón é unha ledicia chegar as viñas e ver que dan produción, dan uvas, as uvas están ben, están sanas, están cualitativamente moi ben".

Agora miran ao ceo e confían en que acerten as previsións e que a chuvia dea un descanso a partir do próximo venres.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos