Garamendi será o único candidato á presidencia da CEOE
O actual presidente da patronal afronta así o seu terceiro mandato tras pecharse o prazo para presentar candidaturas alternativas
Europa Press-Arquivo
Antonio Garamendi será o único candidato ás eleccións á presidencia da CEOE do próximo 1 de outubro, despois de que rematara o prazo para presentar candidaturas alternativas.
Deste xeito, o actual presidente da patronal ten o camiño despexado para iniciar o seu terceiro mandato á fronte da organización empresarial, que lidera desde 2018.
Garamendi anunciou a finais de xuño a súa intención de continuar no cargo. En 2022 revalidou a presidencia con 534 votos, o 83 % do total, nunhas eleccións cas que tamén se presentou a vicepresidneta de Foment del Treball, Virginia Guinda.
En 2023, o comité executivo da CEOE aprobou eliminar a limitación de dous mandatos consecutivos de catro anos para a presidencia da patronal.