Publicador de contidos

Publicador de contidos

Dous feridos en Carnota tras envorcar un camión na cuneta

Dous feridos en Carnota tras envorcar un camión na cuneta

Fixo falta un guindastre para poder retirar o vehículo

O sinistro rexstrouse contra as 10:30 desta maña por causas que se descoñecen

G24.gal 04/04/2026 14:33

Dúas persoas resultaron feridas este sábado despois de que un camión pequeno saira da vía en Carnota e quedase envorcado na cuneta.

A chamada dun particular alertou ao 112 ás 10.30, para informar da saída de vía dun camión no quilómetro 18,7 da AC-550, en San Mamede de Carnota, con dúas persoas xa fóra do vehículo.

Os servizos sanitarios evacuaron aos feridos e solicitáronse medios de mantemento e limpeza polos restos de pedras e terra derramadas na estrada.

Os membros do Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Muros sinalizaron un carril da estrada con conos, xa que o camión estaba semienvorcado na cuneta e ocupaba parte do carril, á espera da chegada dun guindastre para a súa retirada. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade