Cargando resultados...
Un coche queda calcinado en Oia tras sufrir un accidente
A condutora saiu do vehículo polo seu propio pé e logrou pedir axuda nunha casa próxima
G24.gal
29/03/2026 09:21
Un coche acabou completamente calcinado esta madrugada tras un aparatoso accidente en Viladesuso, no concello pontevedrés de Oia.
O vehículo circulaba pola estrada que une Pedornes con Viladesuso cando a condutora foise da vía, de unha volta de campá e acabou nunha leira.
Eran as seis da madrugada e foi o sistema eCAll do turismo o que alertou ao 112 .
Malia a espectacularidade do incendio, que calcinou o coche por completo, a rápida reacción da condutora evitou unha traxedia persoal. Puido saír polo seu propio pé do coche e pedir axuda nunha casa próxima ao lugar do accidente.