Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan un veciño de Miño por causar un incendio durante unha queima

Investigan un veciño de Miño por causar un incendio durante unha queima

O  investigado carecía de autorización e non dispuña das medidas de seguridade preventivas

O lume chegou a afectar a unha superficie de 0,2 hectáreas de masa arbórea composta, principalmente, por eucaliptos e piñeiros

Imaxe cedida pola Garda Imaxe cedida pola Garda
G24.gal 29/03/2026 10:55

O Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) da Garda Civil da Coruña investiga un home como presunto autor dun delito de incendio forestal por imprudencia grave.

Os feitos ocorreron tras ter coñecemento da existencia dun incendio no termo municipal de Miño o pasado 20 de marzo.

No transcurso da investigación, os gardas civís pescudaron que a orixe do lume estaba na queima de restos forestais, a cal carecía de autorización e de medidas de seguridade esixidas, como realizar unha devasa de seguridade ao redor e contar con persoal e medios suficientes para o seu debido control.

Dada a falta de medidas de seguridade, o lume estendeuse á vexetación, afectando a un total de 2.200 metros cadrados de masa de árbores, composta por eucaliptos e piñeiros, non alcanzando maior extensión grazas á rápida intervención dos medios de extinción.

Imaxe cedida pola Garda Civil Imaxe cedida pola Garda Civil
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade