Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detidas seis persoas por roubar un vehículo de alta gama no Pino

Detidas seis persoas por roubar un vehículo de alta gama no Pino

O coche foi tuneado para evitar ser localizado

Entre os arrestados figura o líder da banda, un home de 29 anos residente en Oroso

G24.gal 26/03/2026 08:32

A Garda Civil, a través do Grupo de Delitos contra o Patrimonio da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Coruña, desarticulou unha banda  especializada no roubo de vehículos de gran cilindrada. A operación permitiu a detención e investigación de seis individuos pola subtracción dun turismo de alta gama na localidade do Pino. A investigación iniciouse tras a denuncia, o pasado mes de xuño, do roubo deste vehículo.

Os autores utilizaron unha chave orixinal, obtida a través dun anterior propietario, para retirar o vehículo sen forzar os sistemas de seguridade
mentres se atopaba estacionado na vía pública. De aí, levárono a unha zona illada do concello de Negreira, onde manipularon o coche para evitar que fose localizado.

Quitáronlle o vinilo, substituíron as placas de matrícula, cambiáronlle o número de bastidor. Despois, trasladárono a Santiago e de aí a Valencia. En agosto, o coche foi recuperado na illa de Eivisa.

A Garda Civil detivo o líder do grupo, un home de 29 anos residente en Oroso, e outras cinco persoas. Están acusados de roubo, falsificación de documento público e pertenza a grupo criminal. Instrúe dilixencias o xulgado de Arzúa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade