Cargando resultados...
Rouban unha placa de bronce do conxunto escultórico dos menhires, próximo á Torre de Hércules
O Concello da Coruña asegura que xa traballa para poder repoñela canto antes
G24.gal
25/03/2026 13:14
O patrimonio artístico e monumental da Coruña volveu sufrir danos. Desta volta, no conxunto escultórico dos menhires, próximo á Torre de Hércules. Alí desapareceu unha placa de bronce. Polo momento, descoñécese se se trata dun acto vandálico ou dun roubo planificado.
O Concello xa ten constancia da falta desa peza e está facendo as xestións pertinentes para poder repoñela canto antes.
Con todo, os paseantes que frecuentan a zona amosan a súa sorpresa porque non entenden como a puideron levar de alí.