Publicador de contidos

Publicador de contidos

Como actuar se indo ao volante arde o coche

Como actuar se indo ao volante arde o coche

Unha das cousas máis importantes que hai que ter en conta é non abrir o capó

G24.gal 25/03/2026 14:56

Cada vez hai máis vehículos nas estradas. Maior número de vehículos, maiores riscos. Non estamos exentos dos accidentes, tampouco de que nun momento dado o noso coche arda. 

Miguel Ángel Arca Bello, xefe da dotación dos bombeiros de Santiago, compila as cousas máis importantes a ter en conta nesta situación. Di que "o primeiro que hai que facer é saír, protexerse e alertar o 112".

Tamén que "hai que manter unha distancia de seguridade de mínimo 50 metros do coche e que en ningún caso debemos abrir o capó nin intentar apagar con outros medios que non sexa un extintor, algo que dificilmente levamos no interior do vehículo".

Recorda, Arca que "o 90 por cento dos incendios en coches acaban en sinistro". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade