Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece unha persoa no incendio da súa vivenda nas Neves

ÚLTIMA HORA

Falece unha persoa no incendio da súa vivenda nas Neves

O lume iniciouse no salón e o falecido estaba nun cuarto pero non se decatou do sucedido

G24.gal 24/03/2026 08:11 Última actualización 24/03/2026 08:32

Unha persoa faleceu tras declararse un incendio na súa vivenda no concello pontevedrés das Neves. Foi na parroquia de Taboexa e foron os veciños os que se decataron do lume.

Sobre as 07:00 horas deste martes alertaron ás forzas de seguridade e foron eles os que sufocaron as lapas. O lume iniciouse no salón e o falecido estaba nun cuarto, pero non se decatou do sucedido. Cando entraron os bombeiros, atopárono morto. 

Ata o lugar acudiron os Bombeiros de Ponteareas e do Porriño, a Garda Civil e Urxencias Sanitarias de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade