Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta inicia os traballos previos á demolición do viaduto sobre a AC-12 polos accesos ao novo Chuac

A Xunta inicia os traballos previos á demolición do viaduto sobre a AC-12 polos accesos ao novo Chuac

O corte obriga a acceder ao núcleo das Xubias desde o Hospital Materno Infantil. O peche durará, aproximadamente, un mes

G24.gal 23/03/2026 18:45

A Xunta iniciou os traballos previos á demolición do viaduto sobre a AC-012, incluída no plan de accesos ao novo Chuac, segundo informa a Consellería de Infraestruturas.

Na xornada deste luns, conenzaron as tarefas de eliminación da medianeira na avenida da Pasaxe e tamén se levaron a cabo traballos de talla e poda de árbores na estrada das Xubias.

O corte obriga a acceder ao núcleo das Xubias desde o Hospital Materno Infantil. O peche durará, aproximadamente, un mes, "o tempo necesario para a demolición da parte do viaduto que sobrevoa na contorna do pazo de Guyatt e, posteriormente, as consecuencias serán puntuais mentres se constrúe o novo viaduto", sinala a Xunta.

Estes traballos continuarán toda esta semana coa colocación de sinais, provisión de material necesario ou a retirada dalgunha marquesiña. As tarefas realizaranse de maneira previa á demolición do viaduto, que se realizará en Semana Santa dado que se prevé unha redución da circulación de entre o 20 e o 25 por cento.

A Xunta subliña que estas actuacións coordináronse co Concello da Coruña "para minimizar todo o posible as molestias na circulación, tanto para o tráfico particular como para o transporte público".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade