Publicador de contidos

Publicador de contidos

Transformar a furgoneta nunha pequena casa sobre rodas: outra forma de viaxar

Transformar a furgoneta nunha pequena casa sobre rodas: outra forma de viaxar

Nesta época do ano dispárase a demanda

O custo medio estándar oscila entre os 30.000 e os 35.000 euros, aínda que sempre queda a opción de alugar

G24.gal 23/03/2026 20:22

Transformar un furgón ou furgoneta nun vehículo-vivenda é unha tendencia á alza. E nesta época do ano dispárase a demanda.

"Agora e ata o verán estamos saturados porque é cando a xente volve pedir outra vez 'camperización'", di Santiago Gómez, xerente da empresa Vankings. "Hai quen precisa simplemente o básico unha cociña, unha duchiña e unha cama; e logo hai quen xa para teletraballar e ese tipo de usos  precisa algo máis avanzado", engade.

Amais de traballos de carpintaría hai que facer instalación eléctrica, de gas, auga. Coma nunha casa. 

"Esta ten cama dun metro e trinta centímetros de ancho, e un metro e noventa centímetros de longo; con cociña de inducción, vertedoiro, micrrondas, neveira. Tamén un baño completo con ducha. E logo a zona de comedor onde os asentos da persoa que conduce e da acampañante xirarían e quedarían cara a mesa."

Esta empresa de Carballo recibe pedidos de toda España.

"A maior parte da xente é vacacional. Persoas que teñen as fins de semana libres e fai deporte, ata xente que se xubila e que a usan a diario prácticmente". 

O custo medio estándar oscila entre os 30.000 e os 35.000 euros. Aínda que sempre queda a opción de alugar.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade