Publicador de contidos

Publicador de contidos

Jonathan Andic aparca a vicepresidencia de Mango para centrarse na súa defensa

Jonathan Andic aparca a vicepresidencia de Mango para centrarse na súa defensa

O fillo do fundador da firma téxtil anunciou nunha carta aberta que deixa temporalmente a vicepresidencia da compañía

A xuíza que investiga a morte do seu pai deixouno en liberdade tras pagar un millón de euros de fianza

G24.gal 26/05/2026 11:09

Jonathan Andic, o fillo do fundador de Mango que apareceu morto o 14 de decembro de 2024 cando facía sendeirisimo, anunciou este martes nunha carta aberta que deixa temporalmente a vicepresidencia da compañía.

Farao, afirma, para centrarse en defender a súa inocencia tras a súa imputación polo presunto homicidio do seu pai.

Segundo explica, esta circunstancia impídelle "manter o alto compromiso" que esixen as súas responsabilidades na compañía. Con todo, conservará as súas responsabilidades nos "proxectos familiares, empresariais e sociais".

Andic foi detido a semana pasada, e posto en liberdade baixo fianza dun millón de euros, pola súa presunta relación co homicidio do seu pai, quen faleceu en decembro de 2024 ao caer desde unha altura de máis de 100 metros nunha excursión na montaña de Collbató cando facía sendeirisimo na compaña do seu fillo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade