Publicador de contidos

Publicador de contidos

Indicios, contradicións e unha "obsesión cos cartos" acurralan a Jonathan Andic

Indicios, contradicións e unha "obsesión cos cartos" acurralan a Jonathan Andic

G24.gal 20/05/2026 13:20

A xuíza de Martorell permitiu a liberación de Jonathan Andic a condición de que non saia de España e compareza no xulgado semanalmente, tal e como solicitaba a Fiscalía. Pero cre que Andic acabou coa vida de seu pai, fundador de Mango, por un posible móbil económico. Tamén subliña que Isak e Jonathan Andic non mantiñan unha boa relación, e que o fillo mesmo planificou o crime buscando unha contorna discreta, como a zona de sendeirismo do monte de Montserrat, onde o 14 de decembro de 2024 sucederon os feitos que se están a investigar.

Aquela mesma semana, Jonathan Andic visitou o lugar ata en tres ocasións, segundo confirma o xeolocalizador instalado no seu vehículo. Ademais, o acusado cambiou o seu relato do acontecido nas dúas declaracións que lle tomaron os Mossos despois da morte de seu pai. Outro dos aspectos que salienta o auto é o cambio de terminal telefónico que fixo Jonathan Andic en marzo do ano pasado, previo borrado do contido do anterior, que despois dixo que lle roubaran nunha viaxe a Ecuador.

Mensaxes de WhatsApp que si puideron ser recuperadas evidencian a obsesión cos cartos de Jonathan Andic, que chegou a reclamarlle unha herdanza en vida a seu pai. Cando este manifestou a súa intención de modificar o testamento para crear unha fundación benéfica, o fillo comezou un achegamento que se concretou na fatídica excursión daquel 14 de decembro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos