Cargando resultados...
Incomunicados dende hai un ano en Cervantes pola caída dunha ponte
Veciños de media ducia de aldeas de Mosteiro, afectados por un rodeo quilométrico, reclaman a restitución do viaduto sobre o río Cancelada
Da nova ponte, polo momento só foron erixidos os piares
Félix Aragunde. Imaxe: David Barreiro.
20/05/2026 13:44
A ponte de Mosteiro, en Cervantes, leva máis dun ano caída. Como consecuencia, a veciñanza de media ducia de núcleos desta parroquia ten que dar rodeos quilométricos para poder chegar ata a outra beira, e outro tanto ocorre cos servizos que reciben.
Os traballos para refacer a ponte comezaron hai seis meses, pero levan tempo parados. Os afectados reclaman, por tanto, que as obras rematen canto antes.
Sen ponte, os residentes nesta zona dos Ancares continuarán illados polo río Cancelada, afluente do Navia.